1 month ago
18
0
EMILIO CAO Premio Honorífico 2024 . "Meu pai agradece infinito este premio e quere dicirvos que se sinte como un pequeno verme da ría, ante a emoción de que sexan os compañeiros da música os que lle fan este agasallo", fermosas palabras de Emilio Cao na voz do seu fillo Mateo, que subiu ao escenario da #GalaDosPremios a recoller o merecido premio honorífico adicado a seu pai. . Con este recoñecemento, Músicas Ao Vivo rinde unha merecida homenaxe a “unha figura clave na apertura da música galega ao ámbito internacional” e unha das grandes figuras da música do noso país. . 🙌 Parabéns e grazas por tanto! . @musicasaovivomav #Premios #PremiosDaMúsica24 #MúsicaGalega