29 days ago
9
0
Músicos ao Vivo S. Coop. Galega participa no proxecto europeo de cooperación transfronteiriza Euterpe_adn!! 🧬Que ten como obxectivo principal explorar o impacto terapéutico da música🎶 en persoas maiores,👴👵 con deterioro cognitivo ou dano cerebral. 🏆O proxecto acaba de recibir un millón de euros💲 de financiamento a través do programa Interreg POCTEP🇪🇸🇵🇹 ,unha iniciativa de cooperación entre España 🇪🇸e Portugal 🇵🇹 apoiada pola UE.🇪🇺 👨‍⚕️EUTERPE_adn, acrónimo que fai referencia tanto á musa grega 🧚‍♀️da música como á xenética, acometerá desafíos comúns para Galicia e o Norte de Portugal como é o caso do envellecemento, o despoboamento e a exclusión social. 🧠Ao aproveitar o poder terapéutico 🫂da música, o proxecto ten como obxectivo mellorar o benestar e a calidade de vida de persoas con demencia/alzhéimer ou dano cerebral, así como en persoas maiores. En colaboración coa 👨‍🎓Universidade do Minho, o consorcio combina a experiencia en investigación biomédica coa terapia musical.🎻 colaboran: 🔴A Casa da Música do Porto e Músicos 🔴Vivo S. Coop. Galega súmanse 🟠Asociación de Dano Cerebral de Compostela (SARELA), 🟠Asociación Galega de axuda aos enfermos con Alzhéimer (AGADEA) 🟠A Santa Casa da Misericordia de Porto 🟠Associação Portuguesa de Familiares e Amigos de Doentes de Alzhéimer. O proxecto ten unha duración ⌛️de tres anos: En xuño comeza o recrutamento de participantes 👥 En outubro comezarán os talleres de música nos sete centros, a razón de dous días á semana. O estudo culminará coa publicación dos resultados, así como os materiais utilizados, e un Libro Blanco.