A REGUEIFA PLATAFORMA 2.0

@aregueifaplataforma2.0

Músicas Galegas e outras Artes
Posts
161
Followers
5,545
Following
2,981
QUE FOI A REGUEIFA PLATAFORMA? O 8 de marzo de 2006 botaba a andar o netlabel A REGUEIFA PLATAFORMA coa edición do primeiro disco de Fanny & Alexander. Pouco despois vería a luz o debut de Projecto Mourente, o de Ataque Escampe e así, a modo , irían saindo até 106 referencias ao longo dos seguintes cinco anos, un catálogo multidisciplinar no que habitaba dende a música até a literatura ou o audiovisual máis diverso. Nunha etapa na que os blogs dominaban a creación de contido na Rede e na que as redes sociais e os servizos de streaming aínda eran só un pequeno abrollo do que son hoxe, o netlabel foi o lugar dende onde ducias de proxectos creativos de todas as disciplinas puideron centrifugar a autoedición da súa obra baixo as premisas da cultura libre para tod@s do Creative Commons e o espírito autoxestionado do Do It Yourself. QUE PODERIA SER A REGUEIFA 2.0? A propia Rede e os hábitos de consumo culturais teñen mudado moito nestes dez anos de parón polo que esta nova xeira non podía ser un simple rexurdimento, cumpría unha nova ollada. Nun tempo en que tanto o streaming (Bandcamp, Spotify, Youtube...) coma a autoedición física a demanda (Kickstarter, Verkami, Blurb...) permiten a calquera dar a coñecer a súa obra non ten sentido un netalbel coma foi ARP onde se podían descarregar directamente as obras. O camiño debería ser máis ben aspirar a ser un altofalante desas autoedicións, un lugar colectivo dende onde centrifugar esa creatividade. Subir un disco a Spotify ou Bandcamp ou autoeditar o teu libro en Blurb é moi sinxelo, o dificil ven despois, chegar ao teu público máis alá do minifundio das túas redes sociais e situar a túa obra nun contexto, nunha escena. Por iso A Regueifa 2.0 (re)nasce logo con ese obxectivo, ser altofalante dese barullo creativo disperso, unha plataforma de difusión sen ánimo de lucro dende onde calquera creador/a pode dar a coñecer a obra que con tanto agarimo e esforzo autoedita. #musicagalega #poesiagalega #literaturagalega #videopoesia #indiegalego #musicaengalego #aregueifaplataforma2 #videocreacion #fotografiagalega #culturagalega #artegalego #galiza #galicia #gz #galego #engalego
146 5
2 years ago
[28.06.24] 🎧 CARABELA - A NOITE Carabela é un proxecto que nace no ano 2021, formado por Ana Moas (vocalista), Alba V. Burke (teclados e programacións), Pablo Agra (guitarra, programacións e coros) e Pablo Pazos (baixo eléctrico). Despois da súa primeira aparición en escena co sinxelo “Catro pesos” (2022), a formación noiesa debuta no 2023 con "Nó", un EP completamente autoproducido de catro cancións nas que dan unha nova volta ao timón da cada vez máis natural confluencia entre as correntes do pop, a electrónica e a música tradicional. Unha proposta musical coas coordenadas ben enraizadas en terra firme pero coa brúxula orientada ás rompentes da vangarda, cunha vocación contemporaneizadora da nosa música que enfía no ético e no estético con compañeiras de xeración coma Fillas de Cassandra, Mondra, Baiuca ou Tanxugueiras. Logo de erixirse finalistas nos Premios Martín Códax da Música 2023 na categoría de Electrónica, a banda colle folgos para continuar na procura do seu son con novos temas. “A noite” é o seu segundo traballo, un álbum no que describen os pensamentos que nos asolan na vulnerabilidade da noite. Estas ideas moldéanse con ritmos e graves duros e punzantes por momentos, e con melodías que nos elevan a unha atmósfera estrañamente onírica. Os contrastes e a fraxilidade, a delicadeza e a intensidade, comezan a marcar unha seña na ruta de Carabela, que non ten medo a mostrar novas caras. ▶ Máis info en aregueifa20.net. Xa dispoñible en todas as plataformas dixitais 🔴 @carabelamusic #musicaengalego #musicagalega #novamusicagalega #carabela
47 4
5 days ago
🎥 MIUDIÑO SESSIONS #30 - SEIS Chega unha nova entrega das Miudiño Sessions rexistrando a inédita proposta de SEIS, un colectivo músico-poético e audiovisual formado pola poeta Lara Dopazo, a cineasta Adriana Páramo e os guitarristas Fran Fernández e Virxilio Da Silva. Encol das mesmas pedras onde o 24 de agosto de 1932 Federico García Lorca enchía a Praza da Quintana coa representación dos entremeses cervantinos de La Barraca, o cuarteto levou os seis poemas galegos do poeta andalusí aos territorios da vangarda, o spoken word, a videopoesía e o post-rock nunha actuación irrepetible arroupada pola Semana do Libro de Compostela. 🔴 Trixésima novena entrega das Miudiño Sessions, un proxecto non comercial de difusión da nosa cultura, feito dende a paixón pola nosa música e lingua que máis alá da promoción de novas propostas, o descubrimento das máis singulares e o rexistro das máis veteranas tamén ten un certo propósito arquivístico, facendo a foto fixa do momento histórico que estamos a viver, por número e por calidade, de proxectos musicais na nosa língua. 🌀 Video completo en e na nosa canle youtube.com/@aregueifa20 #miudiñosessions #aregueifaplataforma2 #federicogarcialorca #laradopazoruibal @aparamoperez @rafafdz2 @virxilio_da_silva @laradopazoruibal @selicfestival
42 0
17 days ago
🎥 [13.06.24] MIUDIÑO SESSIONS #30 - SEIS Chega unha nova entrega das Miudiño Sessions rexistrando a inédita proposta de SEIS, un colectivo músico-poético e audiovisual formado pola poeta Lara Dopazo, a cineasta Adriana Páramo e os guitarristas Fran Fernández e Virxilio Da Silva. Encol das mesmas pedras onde o 24 de agosto de 1932 Federico García Lorca enchía a Praza da Quintana coa representación dos entremeses cervantinos de La Barraca, o cuarteto levou os seis poemas galegos do poeta andalusí aos territorios da vangarda, o spoken word, a videopoesía e o post-rock nunha actuación irrepetible arroupada pola Semana do Libro de Compostela. 🔴 Trixésima novena entrega das Miudiño Sessions, un proxecto non comercial de difusión da nosa cultura, feito dende a paixón pola nosa música e lingua que máis alá da promoción de novas propostas, o descubrimento das máis singulares e o rexistro das máis veteranas tamén ten un certo propósito arquivístico, facendo a foto fixa do momento histórico que estamos a viver, por número e por calidade, de proxectos musicais na nosa língua. 🌀 Link en e na nosa canle youtube.com/@aregueifa20 #miudiñosessions #aregueifaplataforma2 #federicogarcialorca #laradopazoruibal
32 2
20 days ago
[04.06.24] XELÍS DE TORO & ALEJANDRO VARGAS - MÁIS ALALÁ 🎧 Máis Alálá é un proxecto poético sonoro performático inspirado no libro De catro a catro de Manoel Antonio creado polo músico Alejandro Vargas (Cuba/Galicia) e o escritor e performer Xelís de Toro (Galicia/Reino Unido). O título é unha recreación do título do manifesto literario Máis Alá que Manoel Antonio realizou xunto con Álvaro Cebreiro no ano 1922. Partindo dos 19 poemas do libro De catro a catro os artistas crean un sinxelo programa informático para transponer todas as letras dos poemas a números e posteriormente a notas musicais. Isto permítelles traballar cun banco de palabras e un banco de notas musicais. Este material poético e musical é o punto de partida para crear un universo creativo propio pero que ao mesmo tempo se nutre da atmósfera poética/filosófica do libro. 💿 Dispoñible en todas as plataformas ▶ Máis info en aregueifa20.net #manoelantonio #poesiagalega #spokenword #poesiaengalego #xelisdetoro
31 1
29 days ago
MIUDIÑO SESSIONS - A REGUEIFA 2.0 Premio Organistrum Proxectos de Comunicación e Difusión Musical . "A arte sen o colectivo non ten sentido, se non tes un público, se non tes con quen compartilo, non ten sentido", así falou Noel, impulsor de Miudiño Sessions - A Regueifa Plataforma 2.0, proxecto premiado na categoría Organistrum a Proxectos de Comunicación e Difusión Musical. . 🎬 Non vos perdades a calidade e diversidade dos vídeos das 'Miudiño Sessions' na súa canle de Youtube: 'aregueifa20' 👉 Máis información e interesantes contidos na súa web, no link da súa bio de Instagram: @aregueifaplataforma2.0 . 🙌 Parabéns polo proxecto! . @musicasaovivomav #Premios #PremiosDaMúsica24 #MúsicaGalega
45 7
1 month ago
📽️ Tres anos despois de Recuperar, o seu segundo álbum, Secho volta con "Parado no aire", nova peza na que Fanny & Alexander aportan a parte músical e audiovisual. O delicado pop acústico de Secho explora novas sonoridades da man de Fanny & Alexander na produción, ensanchando a súa tradicional fórmula enraizada na Americana polos vieiros dos arranxos do Chamber Pop e mesmo da electrónica máis minimalista. 🎧 O autor de Dodro pon voz, versos e composición a unha canción cuxo significado foi mutando ao longo do proceso de gravación, en paralelo aos últimos acontecementos da xeopolítica mundial. O que naceu coma un tema intimista e persoal, artellado sobre a saudade e o baleiro do que fica vendo coma os seus seres queridos teñen que marchar, rematou calado até os ósos por unha realidade ante a que é imposible fechar os ollos. Un canto de laio e resistencia contra unha dor ante a que cómpre, en palabras de Bertolt Brecht, poñer a arte ao servizo da maior das artes: a vida en sí mesma." 💿 Dispoñible en todas as plataformas 📺 Videoclip en youtube.com/@aregueifa20 #novamusicagalega #secho #fannyealexander #musicagalega #musicaengalego
55 1
1 month ago
Pois xa está na casa o Premio Martín Codax ao Proxecto de Comunicación e Difusión Musical que receberon onte as Miudiño Sessions. Un premio que, sendo sincero, preferiría que estivese feito de ferro ou pedra no canto de madeira. Así tería menos tentacións de coller unha machada, escachalo en 32 anacos -tantas como sesións levan feitas- e mandarlle un a cada banda. Porque ao final é este un premio colectivo, unha tola idea postpandémica que se vai facendo realidade grazas ao amor á música e á língua de todas as bandas e artistas que van participando desinteresadamente. Un premio que, por dereito, pertence a todas elas. Foi a de onte unha noite fermosa, chea de reencontros, reivindicación e agarimos, pero tamén de contradiccións. Co corazón partido entre a ledicia polos merecidos premios a @lucialdao , @mondra.gz @glopavia , @guadigalego @carme_lf ou @iamhydn e a tristura polas inxustas derrotas de @mai_musica @grande.amore.grande.amore , @somos.leria , @lontreira , @a_pedreira_ugia , @antia.musan , @c_mirazo ou @the_rapants . Unha sensación agridoce -a de haber tan pouco premio para tanto talento- que é a fin de contas filla da época de esplendor que estamos a viver, un síntoma máis do incrible estado de saúde da música galega. I é que coma ben repetiu onte Xurxo Souto ao longo da gala, somos un Pobo de artistas. Medre o talento. #premiosmartincodax @premiosmartincodaxdamusica #novamusicagalega #musicagalega #miudiñosessions @musicasaovivomav
153 28
1 month ago
[14.05.24] CARME LÓPEZ - QUINTELA 🎧 "Quintela" é o disco debut de Carme López, o primeiro traballo de música experimental para gaita galega. Un ábum no que a intérprete d’O Incio se adentra nun campo totalmente descoñecido, desvencellada do seu nexo coa música tradicional para descontextualizala e crear así un enfoque persoal marcado pola perspectiva de xénero (abandonando a asociación de prestixio entre o instrumento e o xénero masculino). Un disco que percorre o ronsel de compositoras como Éliane Radigue, Pauline Oliveros ou Kali Malone a través dun arco narrativo do que fai parte a casa familiar de Carme López, a casa Quintela, e as vivencias e relacións persoais que teñen xurdido nela. 🎙️ “Quintela” ten tamén o seu reflexo na súa arriscada posta en escena -con gaita, sampler, looper e visuais- conformando unha proposta de vangarda baseada nas ideas musicais e conceptos sonoros fundamentais do propio disco nas que toma a improvisación e a aleatoriedade como ideas compositivas, creando ambientes sonoros de lenta modulación, estirando as posibilidades sonoras da gaita ata o seu límite absoluto. 📚 Carme López (O Incio, 1992) é intérprete, docente e investigadora do campo da música de tradición oral galega; Doutora por la UDC cunha tese sobre o canto tradicional feminino en Galicia, profesora da USC (Área de Expresión Musical - CC.EE) e da E-trad de Vigo (Canto popular). 💿 Dispoñible en todas as plataformas e máis en formato físico a través do selo Warm Winters ▶ Máis info en aregueifa20.net #novamusicagalega @carme_lf #musicagalega #experimentalmusic #avantgardemusic
80 4
1 month ago
🎙️Alá polo 2008, cando facía o programa Radio Oceánica na Radio Galega, adoitaba convidar grupos galegos que, en ocasións, interpretaban tamén algún tema en acústico. Aínda non existían os Tiny Desk Concerts pero para alguén coma min, que medrara abraiado cos Unplugged da MTV, que os artistas galegos puideran amosar versións espidas das súas músicas era un soño feito realidade. 🎸Nun dos programas veu facerme unha visita o bon e xeneroso Fran Pérez NARF. Trouxo a súa Gibson Hummingbird e interpretou ao vivo tres pezas que, imaxino, estarán aínda conservadas nalgún perdido recuncho dos arquivos sonoros da CRTVG. Co paso dos anos e, moi especialmente, trala súa prematura morte non me din quitado o cravo, ese tan rosaliano, que me deixaran aquelas cancións en acústico, aquel legado perdido. I é que a memoria audiovisual é ben curta. Canto daríamos a día de hoxe por ter filmacións con boa calidade de imaxe e son de bandas coma Goma-2, Radio Oceano, N.H.U. ou Queimada. 📽️ Cos anos decidin quitar o cravo e, dentro das posibilidades dun proxecto unipersoal, non comercial e 100% indie -isto é, non subvencionado-, comezar facer o que me tería prestado que acontecese con aquela sesión de NARF, filmala e gravala coa mellor calidade posible cun triple obxectivo: difundir a música galega, rexistrala con calidade para as futuras xeracións e amosar a rica policromía dunha escena, a galegófona, onde conviven multitude de estilos, sensibilidades e mesmo xeracións. 📺 Así, en maio de 2022 gravaba a primeira entrega das Miudiño Sessions, unha sesión que foi ponto de partida para as 32 entregas seguintes, cifra a priori inimaxinable para un proxecto de militante vocación amateur cuxo único motor económico é o amor á música e á língua. Chegados a este ponto e coa efervescencia permanente da escena galega o obxectivo a medio prazo semella o centenar de sesións, unha cifra bastante tola se ma chegan a suxerir hai dous anos pero perfectamente realizable con constancia e paixón. A nosa música e a nosa língua ben o merecen. PD: Vai unha proba de agudeza visual. Na imaxe hai tres sesións ainda non publicadas, as que verán a luz de aqui a agosto. A ver esa presbicia que tal vai 😁
118 36
1 month ago
🎥 MIUDIÑO SESSIONS #29 - COLUMNA VEGANA A apropiación que fan @columnaveganisima da "Oda ao xamón" de Otero Pedrayo foi a excusa perfecta para trasladarnos até o Pazo de Trasalba, casa natal e sede da súa Fundación, para gravar unha nova entrega das Miudiño Sessions. O contraste entre a arriscada proposta de Columna Vegana -a cabalo entre a densidade intelectual do art-punk e o nihilismo da no wave- e o salón conxelado no tempo de Don Ramón foi o mellor dos escenarios posibles no que esfarelar o máis crú do seu repertorio. Baixo o longo fitar de tan sobranceiro anfitrión e coa fermosa galería deseñada por Castelao e o mapa de Domingo Fontán coma telón de fondo o dúo interpretou, ademais de "Xamón", as pezas "Mantra do crédulo", "A máquina", "Propósito de emenda" e "Botellas" 🔴 Vixésima novena entrega das Miudiño Sessions, un proxecto non comercial de difusión da nosa cultura, feito dende a paixón pola nosa música e lingua que máis alá da promoción de novas propostas, o descubrimento das máis singulares e o rexistro das máis veteranas tamén ten un certo propósito arquivístico, facendo a foto fixa do momento histórico que estamos a viver, por número e por calidade, de proxectos musicais na nosa língua. 🌀 Link en e na nosa canle youtube.com/@aregueifa20@columnaveganisima #musicagalega #musicaengalego #novamusicagalega #aregueifaplataforma2 .0 #miudiñosessions #columnavegana Edited · 10h
54 2
1 month ago
🎥 [09.05.24] MIUDIÑO SESSIONS #29 - COLUMNA VEGANA A apropiación que fan @columnaveganisima da "Oda ao xamón" de Otero Pedrayo foi a excusa perfecta para trasladarnos até o Pazo de Trasalba, casa natal e sede da súa Fundación, para gravar unha nova entrega das Miudiño Sessions. O contraste entre a arriscada proposta de Columna Vegana -a cabalo entre a densidade intelectual do art-punk e o nihilismo da no wave- e o salón conxelado no tempo de Don Ramón foi o mellor dos escenarios posibles no que esfarelar o máis crú do seu repertorio. Baixo o longo fitar de tan sobranceiro anfitrión e coa fermosa galería deseñada por Castelao e o mapa de Domingo Fontán coma telón de fondo o dúo interpretou, ademais de "Xamón", as pezas "Mantra do crédulo", "A máquina", "Propósito de emenda" e "Botellas" 🔴 Vixésima novena entrega das Miudiño Sessions, un proxecto non comercial de difusión da nosa cultura, feito dende a paixón pola nosa música e lingua que máis alá da promoción de novas propostas, o descubrimento das máis singulares e o rexistro das máis veteranas tamén ten un certo propósito arquivístico, facendo a foto fixa do momento histórico que estamos a viver, por número e por calidade, de proxectos musicais na nosa língua. 🌀 Link en e na nosa canle youtube.com/@aregueifa20@columnaveganisima #musicagalega #musicaengalego #novamusicagalega #aregueifaplataforma2 .0 #miudiñosessions #columnavegana
61 6
1 month ago