Agrupación Musical de Goián

@bandagoian

// Desfrutando da música dende 1998. Baixo a dirección artística de Pedro Villarroel, temos unha escola de música e bandas infantil e xuvenil
Posts
433
Followers
1,004
Following
448
Onte estivemos coa Banda Xuvenil no Encontro de Bandas Escola da Unión Musical de Tenorio!! Grazas á @unionmusicaldetenorio pola invitación 👏🏼👏🏼🎶🎶
68 0
2 days ago
Celebramos 26 anos da nosa bandiña! 🎂🎉 A Agrupación Musical de Goián segue viva 26 anos despois grazas a todas as persoas que dende os inicios de este proxecto, traballaron arreo de forma desinteresada para que así fose. O bo facer de todas elas xunto co apoio que nos dades en cada concerto, fai que sigamos 26 anos despois coa mesma ilusión e ganas de mellorar cada día. Grazas polo voso apoio incondicional! 🎶💙 #26aniversario #AgrupacionMusicaldeGoian
65 0
6 days ago
Co festival de fin de curso da escola, rematamos o curso escolar 23/24! 🎉 os nosos alumnos e alumnas fixeron un traballo excepcional e demostraron un gran esforzo ó longo do ano!! Agora é o momento de desfrutar dun merecido descanso para recargar enerxías e volver en septembro con máis ganas e ilusión. Felices vacacións a todos! 🌞📚🎶
53 1
6 days ago
Rematamos un exitoso curso 23/24 na nosa Escola de Música 🎶🎶 Para celebrar os logros e progresos dos nosxs estudantes, invitámosvos a todos e a todas ás audicións de fin de curso que serán este venres 21 ás 19:30 h. 🎷🎺📯 Será unha oportunidade única para desfrutar do talento e o esforzo de todo o alumnado 🤩.
31 0
15 days ago
Os nosos percusionistas participando no taller de percusión impartido por FRAN MARK, organizado pola aula de percusión da Escola de Música da @bandaculturaldesalceda Grazas a nosa profe @lauraoliveiraogando pola organización desta xornada de formación e convivencia! 🎶🥁🎶🪘
57 4
16 days ago
Hoxe os/as nosos/as trompetistas tiveron master class con Luis González Amosa, profesor do Conservatorio Profesional de Música de Vigo 🎶🎶. Sen dúbida unha xornada súper interesante e enriquecedora para todos e todas!! 👏👏 Unha mención especial a nosa profe de trompeta Desi por toda a organización 💙.
70 3
25 days ago
AGRUPACIÓN MUSICAL DE GOIÁN Premio na categoría de Bandas de Música Popular . "Galicia ten un potencial de bandas brutal", así de claro o deixou dende o escenario da #GalaDosPremios , a @bandagoian tras recoller o premio na categoría de Bandas de Música Popular. . 📅 Aquí tedes algúns dos seus vindeiros concertos: ▪️ 13/7 Alameda de Pontevedra ▪️ 19/7 Festival de bandas no espazo fortaleza de Goián ▪️ 30/8 Concerto da praza de Tomiño "Verbena sinfónica" ➡️ Todas as novas da agrupación e da súa escola nas súas redes e na web bandadegoian.gal . 🙌 Parabéns polo proxecto! . @musicasaovivomav #Premios #PremiosDaMúsica24 #MúsicaGalega
56 0
1 month ago
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2024 💙
95 0
1 month ago
🎶⭐️ PREMIO MARTÍN CÓDAX NA CATEGORÍA DE BANDAS DE MÚSICA POPULAR ⭐️🎶 Despois da resaca emocional de onte, queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a todos os que fixeron posible este recoñecemento comezando por Musicas ao Vivo e ao seu equipo organizador, polo seu compromiso coa cultura e a música galega. Felicitamos tamén as demais bandas finalistas: Banda de Música de Silleda e Banda de Música Unión de Guláns. A presenza de tódalas bandas de música neste certame é un reflexo do vibrante panorama musical de Galiza, onde as agrupacións modernas e abertas a todos están impulsando a formación musical na xuventude. Queremos destacar especialmente o papel neste proxecto dos @chavellos e o seu director e compositor @juan_eiras_compositor así como de tódolos músicxs e alumnxs que forman parte da Agrupación Musical de Goián. Isto é conxunto. Non nos podemos olvidar agradecer unha vez máis o apoio de todos vos con todos os votos, así como ós socios de Musicas ao Vivo. E por último, pero non menos importante, queremos adicar un profundo agradecemento o noso director, @pedro_villarroel.glez . O seu incansable traballo e dedicación en todos os proxectos que propón, son fundamentais para o crecemento da nosa banda en tódolos aspectos. Este recoñecemento é tamén unha homenaxe a súa labor dentro da Agrupación. QUE VIVA A MÚSICA GALEGA!! @premiosmartincodaxdamusica
90 4
1 month ago
Deixámosvos por aquí un breve resumo do que foi a recepción dos finalistas nos @premiosmartincodaxdamusica 🍇🥂🎶 Chegar ata aquí xa foi unha experiencia marabillosa da que estamos profundamente agradecidos pero recordade que aínda seguen abertas as votacións para elexir á banda gañadora. 🍀🎉🎊 Axúdanos con este último empuxonciño!!! ⭐️⭐️⭐️ Link directo na nosa biografía 👆💙
37 0
1 month ago
Finalistas BANDAS DE MÚSICA POPULAR: ▶ @bandagoian@bandademusicadesilleda@bandamusica_uniondegulans 👉 VOTACIÓNS ABERTAS! Público xeral e socios/as de @musicasaovivomav , entrando na nosa web (link na bio) e ata o 12 de maio! 📅 O 15 de maio coñeceremos os proxectos premiados na #GalaDosPremios en directo dende a nosa web e dende a plataforma agalega.gal . #MúsicasAoVivo #PremiosDaMúsica24 #MúsicaGalega
121 0
2 months ago
🚨‼️🚨 Xa están abertas as votacións para ser gañadores dos premios Martín Códax na categoría de Bandas de Música Populares 🎶🎶🎶🎶 👉Proxecto: Os Chavellos Sinfónicos. NECESITAMOS DE TODA A VOSA AXUDA PARA GAÑAR. SÓ PERDERÁS 1 MINUTIÑO. Podes votar premendo na seguinte ligazón e seguindo os pasos que che amosamos a continuación: https://premiosmartincodaxdamusica.gal/login (Ligazón directa na nosa biografía) Axúdanos a compartir esta publicación!!! 💙 GRAZAS 👏🏼👏🏼👏🏼
69 0
2 months ago