𝑪𝑴𝑼𝑺 𝑷𝒓𝒐𝒇𝒆𝒔𝒊𝒐𝒏𝒂𝒍 𝒅𝒆 𝑶𝒖𝒓𝒆𝒏𝒔𝒆

@conservatoriourense

🎼 𝐵𝑒𝑛𝑣𝑖𝑑𝑜𝑠 𝑎𝑜 𝐶𝑜𝑛𝑠𝑒𝑟𝑣𝑎𝑡𝑜𝑟𝑖𝑜 𝑃𝑟𝑜𝑓𝑒𝑠𝑖𝑜𝑛𝑎𝑙 𝑑𝑒 𝑂𝑢𝑟𝑒𝑛𝑠𝑒 🎶
Posts
727
Followers
1,553
Following
224
Cúmprese hoxe unha semana da fermosa visita que nos fixo alumnado de #acordeón do Real Conservatorio Superior de Música de Madrid. Ofrecérennos un fermoso concerto no noso auditorio. Velaquí unhas fotiños do evento: #cmus #cmusourense #conservatorio #conservatoriourense #ourense #ourensemola #acordeonista #acordeonistas #MúsicaTradicional
45 0
17 days ago
Se vos quedou algunha materia pendente nesta primeira convocatoria de xuño, lembrade que a semana que ven estades convocados/as para a realización dos #examesextraordinarios . Desenvolveranse entre o xoves 20 e o venres 21 de xuño, pero velaquí tendes os horarios concretos por cursos e materias: https://www.conservatoriourense.gal/noticia/calendario-de-exames-da-convocatoria-extraordinaria.htm Moita sorte a todas/os! 🍀 #cmus #cmusourense #conservatorio #conservatoriourense #ourense #exames #exámenes
14 0
17 days ago
Menuda semaniña tivemos no #conservatoriourense ! Premios Fin de Grao, exames de acceso a #graoprofesional , recitais de Fin de Grao, matriculacións,... e seguimos! Se esta semana fixestes as probas de acceso a 1º de grao profesional e obtivestes praza (información en breve na web, no apartado de ACCESOS - 1º GRAO PROFESIONAL), debedes saber que se acaba de abrir para vós a matrícula para o vindeiro curso. O prazo estará aberto dende hoxe, día 14 de xuño e ata o próximo venres día 21 de xuño, incluido. Coma sempre, podedes facer a matrícula íntegramente por internet a través da nosa páxina web: www.conservatoriourense.gal Non vos despistedes e noraboa!!! 😊 #cmus #cmusourense #ourense #conservatorio #probasdeacceso
36 0
17 days ago
O departamento de #MúsicaTradicional do #conservatoriourense quere despedir o curso cun concerto moi especial un día moi especial: será o vindeiro venres 21 de xuño, día no que se conmemora o #DíaEuropeodaMúsica no Museo #Etnolóxico de #Ribadavia . Será un #concerto ofrecido por alumnado das diferentes especialidades do departamento e incluso algunha máis invitada 😊 Unha preciosa maneira de pasar a tarde e celebrar ese día! Animádevos! #gaita #acordeón #cmus #cmusourense #conservatorio #museoetnolóxico #museo #ourense #ourensemola #díaeuropeodelamúsica #díaeuropeodelamúsica2024 #díaeuropeodamúsica2024
21 0
18 days ago
Pois xa temos data para a cerimonia de #graduación deste curso 2023-2024. Vai ser o vindeiro xoves 20 de #xuño no #auditorio do #conservatoriourense . Unha cerimonia na que despediremos a unha nova promoción de fantásticos músicos e músicas que rematan os seus estudos no noso centro. Unha oportunidade para a lembranza e para desexarlles o mellor no novo camiño que decidan emprender a partir e agora. Vinde compartir connosco e sobre todo con eles/as un momento tan especial! #cmus #cmusourense #ourense #ourensemola #conservatorio
41 0
19 days ago
Un ano máis teremos o pracer de poder escoitar ó alumnado que remata os seus estudos no noso centro e cuxo brillante expediente académico lles permite presentarse ós premios #findegrao . As datas: 13, 14 e 17 de xuño. Os horarios concretos sairán ó longo do día de hoxe publicados na web do centro, estade atentos/as! #cmus #cmusourense #conservatorio #conservatoriourense #premiosfindegrao #graoprofesional
26 0
20 days ago
O pasado venres tivemos a honra de ter no noso centro a D. Esteban Algora, profesor de #acordeón , que ofreceu unha masterclass no #conservatoriourense . Seguro que foi de moito proveito para o alumnado participante! #músicatradicional #cmusourense #cmus #conservatorio #acordeonistas
35 0
20 days ago
Non por ser o último mes de actividade no conservatorio durante este curso, vai ser #xuño menos ca os outros! Velaquí vos deixamos un resumo de todo o que nos depara este mes, no que damos a benvida ó verán, no #conservatoriourense ! #cmus #cmusourense #concertos #ourense #ourensemola #conservatorio #graduación #masterclass #findegrao #audición #homenaxe
22 0
21 days ago
Comezamos nova semana e ademais novamente intensa, porque comezamos tamén as probas de acceso a 1º curso de #graoprofesional . Imos quitar un pouco os nervios e as preocupacións escoitando boa música. Nesta ocasión ven da man do noso ensemble de #músicaantiga cunha mostra do concerto que nos ofreceu o pasado día 4 de #xuño no auditorio do #conservatoriourense . #cmus #cmusourense #conservatorio #earlymusic #músicaantigua #violadagamba #clave #órgano #frautadebico #flautadepico #instrumentosantigos #instrumentosantiguos
42 3
21 days ago
Pois alá se foi a primeira (e intensa) semana de xuño, onde demos por rematadas as clases deste curso 2023-2024 e xa nos puxemos de cheo coa realización de probas de acceso, que continuarán a vindeira semana. Imos descansar xa, pero de novo, cun pouquiño de marcha de cara a fin de semana. E de qué mellor xeito que da man de #Bernstein a través do arranxo de "America" de "West Side Story" que nos brindou a nosa #orquestra de #graoprofesional . O vídeo que vos deixamos foi o directo que ofreceu na súa viaxe a #Vigo o día 6 de maio. Para os/as que non puidestes estar alí e para os/as que si estivestes e queredes volver a desfrutalo, velaí vai! #leonardbernstein #westsidestory #cmus #cmusourense #conservatorio #conservatoriourense #cmussuperiordevigo #ourense #ourensemola #america
32 0
24 days ago
📢IMPORTANTE: se aprobastes tódalas materias do #conservatorio na convocatoria ordinaria, tendes que vos matricular para o curso 2024-2025 entre os días 6 e 13 deste mes de #xuño . Como nos anos anteriores, só tendes que entrar na web do #cmusourense para matricularvos. Non vos despistedes do prazo, por favor. https://www.conservatoriourense.gal/ #cmus #conservatoriourense #matrícula #curso
27 0
26 days ago
Menuda tarde fermosa tivemos hoxe no #conservatoriourense . Un #concerto marabilloso con obras compostas por alumnado e profesorado do #cmusourense e ademáis a entrega de #premios do 1º concurso de #composición #ObduliaPrietoNespereira , todo un éxito na súa primeira edición. Noraboa a tódolos/as participantes e especialmente ós premiados!! 🎊 Queremos agradecer o traballo do xurado desta edición, D. Fernando Buide, D. Maximino Zumalave e Dna. Gloria Rodríguez, que de seguro non o tiveron nada doado. 👏 Velaquí a foto de familia con algúns dos participantes e parte do xurado e da organización do concurso! Ata o vindeiro ano!
76 0
27 days ago