Músicas Ao Vivo - MAV

@musicasaovivomav

🎼 Asociación de músicas e músicos de Galicia. 🏆 Fundadores dos @premiosmartincodaxdamusica . 👫 Traballamos en prol do noso gremio e das súas persoas.
Posts
246
Followers
2,348
Following
2,235
📶 NOVA EDICIÓN DOS @premiosmartincodaxdamusica 📶 Chega a novena edición dos Premios Martín Códax da Música, os premios da música de Galicia organizados por Músicas Ao Vivo. 📶 O vindeiro luns 4 de xullo faremos a presentación aos medios desta nova edición, na que desvelaremos os cambios nos que levamos meses traballando. Atentos/as ás novidades que vos iremos contando nas redes dos premios e baixo o cancelo #PremiosDaMúsica22 . 📶 Este certame é posible grazas ás entidades e empresas que colaboran e o apoian: Bodegas Martin Codax Concello de Pontevedra / Pazo da Cultura de Pontevedra Agadic / Xunta de Galicia Deputación Pontevedra 📶📶📶 Xa estamos desexando coñecer e desfrutar da enorme diversidade e calidade dos vosos proxectos! 👀 Pronto abriremos o prazo de inscricións. #MúsicaGalega #CulturaGalega #PremiosMartínCódaxDaMúsica
36
0
2 years ago
✨🌹 FELICES E MUSICAIS FESTAS 🌹✨ Dende Músicas ao Vivo desexámosvos felices festas e un próspero 2022. Que teñades moitos e bos traballos no noso gremio, que siga medrando a unión de talentos para mellorar a realidade que vivimos, e que nos vexamos en moitos concertos festexando a vida e a cultura 🥂 🌹 BOAS FESTAS 🌹 🎶 “Alalá de Muxía” 🎼 Arranxos de Lucas Rei 🪄 Dirección Musical: Ramón Bermejo e Carmen Rey 🎙 Octeto Vocal: Ramón Bermejo, Carmen Rey, Ángeles Dorrio, Cristina Castro, Narci Rodríguez, Sergio Piñeiro, Cristina Regueiro e Diego Miramontes 🎧 *** escoita mellor con cascos
21
2
2 years ago
‼️ Desde a Asociación #MúsicasAoVivo convidamos ao secretario xeral do PPdeG, @migueltellado , a que se retracte do seu desafortunado e ofensivo comentario. Señor Tellado, "un grupo de pandereteiros" realiza un oficio tan digno de respecto como calquera outro. As pandereteiras e os pandereteiros son un motivo de honra para a nosa música tradicional e para todo o pobo galego ‼️
34
3
2 years ago
📯 ÚLTIMO DÍA 📯 Socios e socias de Músicas Ao Vivo, hoxe é o voso último día para votar nos #PremiosDaMúsica21 . 📯 É o momento de valorar os 51 proxectos en 17 categorías musicais mais 1 Organistrum nesta VIII edición dos @premiosmartincodaxdamusica 📯 A través da web: www.premiosmartincodaxdamusica.gal (apartado VOTA!) 📯 O mércores na #GalaDosPremios coñeceremos cales son os proxectos premiados na gran noite do gremio musical de Galicia 💚🎶 ▶ Poderedes desfrutala tamén en streaming na nosa web.
21
0
2 years ago
📯PREMIO HONORÍFICO 2021: Pablo Barreiro📯 📯 Nesta oitava edición dos @premiosmartincodaxdamusica , outorgámoslle dende Músicas Ao Vivo o Premio Honorífico a Pablo Barreiro, un dos máis históricos produtores, técnicos de son e músico compositor galego, sendo tamén o técnico responsable dende 1985 dunha inxente cantidade de gravacións de todo tipo de estilos musicais. Estamos a falar de miles de horas de rexistros sonoro-musicais, o cal repercute directamente na historia e na memoria musical galega como testemuño para o futuro. 📯 O vindeiro mércores 27, na #GalaDosPremios , recibirá o seu merecido recoñecemento. ▶ Lembrade que poderedes seguila en streaming, dende as 21:00, en www.premiosmartincodaxdamusica.gal #PremiosDaMúsica21 #MúsicaGalega #PremioHonorífico
26
2
2 years ago