Premios Martín Códax da Música

@premiosmartincodaxdamusica

🎼 Os Premios da #MúsicaGalega 👉 Sígueos en Facebook, Instagram e X
Posts
1,000
Followers
3,897
Following
929
EMILIO CAO Premio Honorífico 2024 . "Meu pai agradece infinito este premio e quere dicirvos que se sinte como un pequeno verme da ría, ante a emoción de que sexan os compañeiros da música os que lle fan este agasallo", fermosas palabras de Emilio Cao na voz do seu fillo Mateo, que subiu ao escenario da #GalaDosPremios a recoller o merecido premio honorífico adicado a seu pai. . Con este recoñecemento, Músicas Ao Vivo rinde unha merecida homenaxe a “unha figura clave na apertura da música galega ao ámbito internacional” e unha das grandes figuras da música do noso país. . 🙌 Parabéns e grazas por tanto! . @musicasaovivomav #Premios #PremiosDaMúsica24 #MúsicaGalega
18 0
1 month ago
MIUDIÑO SESSIONS - A REGUEIFA 2.0 Premio Organistrum Proxectos de Comunicación e Difusión Musical . "A arte sen o colectivo non ten sentido, se non tes un público, se non tes con quen compartilo, non ten sentido", así falou Noel, impulsor de Miudiño Sessions - A Regueifa Plataforma 2.0, proxecto premiado na categoría Organistrum a Proxectos de Comunicación e Difusión Musical. . 🎬 Non vos perdades a calidade e diversidade dos vídeos das 'Miudiño Sessions' na súa canle de Youtube: 'aregueifa20' 👉 Máis información e interesantes contidos na súa web, no link da súa bio de Instagram: @aregueifaplataforma2.0 . 🙌 Parabéns polo proxecto! . @musicasaovivomav #Premios #PremiosDaMúsica24 #MúsicaGalega
45 7
1 month ago
AS NOSAS MÚSICAS Premio Organistrum Festivais . "Viva a música galega, a cultura galega, a lingua galega e a música e o baile tradicional!", foron algunhas das enerxéticas palabras do colectivo que organiza @asnosasmusicas dende o escenario da #GalaDosPremios tras recibir o premio Organistrum de Festivais. . 📅 Anotade nas axendas: 13 e 14 de agosto será a edición 2024 deste festival que leva dende 1996 impulsando a música e cultura tradicional dende a parroquia estradense de Couso. ▶️ Para coñecer máis este proxecto, entrade en asnosasmusicas.gal (no link da bio do seu Instagram) . 🙌 Parabéns polo proxecto! . @musicasaovivomav #Premios #PremiosDaMúsica24 #MúsicaGalega
62 1
1 month ago
A ARCA DA NOE Premio Organistrum Salas . "A rede é necesaria, porque sen rede isto non funciona e xa somos poucas e para que sexamos máis temos que funcionar así e pensar no colectivo", sabias palabras de Noe tras recibir o premio Organistrum de Salas por @aarcadanoe . . 📖 Recomendamos facervos co seu fermoso libro "Oceanoe. Travessia polo mar das Antelas" un libro cheo de música, con 19 pezas de artistas que pasaron por este espazo cultural imprescindible que leva 10 anos de actividade. 👉 Na súa web tedes toda a info: https://arcadanoe.gal . 🙌 Parabéns polo premio! . @musicasaovivomav #Premios #PremiosDaMúsica24 #MúsicaGalega
196 4
1 month ago
GLORIA PAVÍA Premio na categoría de Artista Emerxente . "O principal motor para crear é chegar a casa pola noite ultra-inspirada porque veño dun concerto incribe de xente brutal", así falaba unha emocionada @glopavia tras recibir a estatuíña melómana da categoría de Artista Emerxente. . 🎙️ Se non a escoitáchedes aínda, non esperedes máis: buscádea no Youtube e en Spotify (link na súa bio de Instagram). . 🙌 Parabéns polo recoñecemento! . @musicasaovivomav #Premios #PremiosDaMúsica24 #MúsicaGalega
186 1
1 month ago
UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA Premio na categoría de Música Infantil . "Estamos a cumprir 10 anos, ou sexa que vemos o premio como un recoñecemento a esta traxectoria que levamos", foi parte do emocionado discurso de @uxialambonaeaba.d tras recoller a estatuíña melómana da categoría de Música Infantil. . 🎂 Este 2024 fan 10 anos como banda e non paran: seguen coa xira 'UN SOÑO É', na que presentan o seu último traballo 'EEEEIIIII CARBALLEIRA!!!', velaquí algunhas das vindeiras datas (todas na súa páxina https://uxialambona.es) - 14/06/24 - C.E.I.P. A Lomba (Vilagarcía) - 15/06/24 - Burela - 22/06/24 - San Xoan do Freixo (Valadares - Vigo) - 29/06/24 - Castrelo do Miño - 13/07/24 - Tordoia - 21/07/24 - Oleiros - 25/07/24 - Castelo Rock (Muros) . 🙌 Parabéns polo aniversario e polo premio! . @musicasaovivomav #Premios #PremiosDaMúsica24 #MúsicaGalega
94 2
1 month ago
HYDN Premio na categoría de Músicas Urbanas . "Vai sendo hora de quitar a precariedade da música, da industria, do audiovisual tamén,..." foron algunhas das importantes mensaxes que deixaba a artista hydn tras recoller o seu premio na categoría de Músicas Urbanas. . 💣 Ven de sacar, fai poucos días, o seu último e potente sinxelo 'Unha vez máis', que tedes dispoñible en todas as plataformas (+ vídeo en Youtube) 👉 Todos os enlaces nos links da súa bio de Instagram: @iamhydn . 🙌 Parabéns polo premio! . @musicasaovivomav #Premios #PremiosDaMúsica24 #MúsicaGalega
129 2
1 month ago
CARME LÓPEZ Premio na categoría de Música Clásica e Contemporánea . "Aínda que a música para todas está marcada polo cariño, o esforzo e a paixón, a súa faceta laboral non pode ir en detrimento do que é realmente a vida", sabias palabras de @carme_lf , proxecto premiado na categoría de Música Clásica e Contemporánea, lidas por Patricia Sánchez de @numeproducions na #GalaDosPremios . . 📣 Velaquí algunhas datas para que desfrutedes do seu disco "Quintela" en directo: ▪️ 31/5 Galería Dododadá- Ourense ▪️ 7/6 A Morada - Vigo ▪️ 21/6 Solaina - Lugo 👉 Entrade no seu Spotify e Bandcamp e botade un ollo (e unha orella)! . 🙌 Parabéns polo premio! . @musicasaovivomav #Premios #PremiosDaMúsica24 #MúsicaGalega
24 0
1 month ago
AGRUPACIÓN MUSICAL DE GOIÁN Premio na categoría de Bandas de Música Popular . "Galicia ten un potencial de bandas brutal", así de claro o deixou dende o escenario da #GalaDosPremios , a @bandagoian tras recoller o premio na categoría de Bandas de Música Popular. . 📅 Aquí tedes algúns dos seus vindeiros concertos: ▪️ 13/7 Alameda de Pontevedra ▪️ 19/7 Festival de bandas no espazo fortaleza de Goián ▪️ 30/8 Concerto da praza de Tomiño "Verbena sinfónica" ➡️ Todas as novas da agrupación e da súa escola nas súas redes e na web bandadegoian.gal . 🙌 Parabéns polo proxecto! . @musicasaovivomav #Premios #PremiosDaMúsica24 #MúsicaGalega
56 0
1 month ago
PABLO SANMAMED TRÍO + BENXAMÍN OTERO Premio na categoría de Jazz e Músicas Improvisadas . "É un pracer contar con estes músicos para o traballo, como son: Benxamín Otero, Bruno Couceiro e Iago Mouriño", foi un dos agradecementos de Pablo Sanmamed tras recibir o premio na categoría de Jazz e Músicas Improvisadas, polo seu proxecto @pablosanmamed Trío + @benxaminotero . . 🎶 Tedes varias oportunidades de desfutar da calidade deste proxecto, nas vindeiras datas: 21 Xuño -Teatro Principal-Santiago de Compostela 22 Xuño - Lalín 21 Xullo - Betanzos 👉 Toda a información e demais concertos na súa web pablosanmamed.com . 🙌 Parabéns polo recoñecemento! . @musicasaovivomav #Premios #PremiosDaMúsica24 #MúsicaGalega
75 3
1 month ago
LUCÍA ALDAO Premio na categoría de Pop e Indie . "Oxalá este premio se traduza en traballo", foi un dos desexos de @lucialdao dende o escenario do Pazo da Cultura de Pontevedra, tras recoller a súa melómana da categoría de Pop e Indie, acompañada da súa banda. . ▶️ Non vos perdades 'Catastro', o seu novo sinxelo, que é un adiando do seu próximo disco 'PAVA3'. Tédelo dispoñible en todas as plataformas dixitais! 👉 Para enterarvos dos concertos que anunciará pronto, atentos/as ás súas redes (Instagram e Facebook) e á súa web luciaaldao.com . 🙌 Parabéns polo proxecto! . @musicasaovivomav #Premios #PremiosDaMúsica24 #MúsicaGalega
308 14
1 month ago
BRAIS MORÁN & NASAUFUNK Premio na categoría de Blues, Funk e Soul . "Que non pare nunca a música!!", con esta potente mensaxe remataba Brais Morán o seu discurso tras recibir, por 3ª vez, o premio polo seu proxecto @braismoran_nasaufunk na categoría de Blues, Funk e Soul. . 🪩 Están presentando o seu novo traballo 'Revolución Chic', co que queren impulsarnos a bailar, a revolucionar a pista de baile, e poderemos facelo nos seus próximos concertos: -15 de Xuño en A Ventana (Laxe) -27 de Xullo no Fest Mar Aberto (Corrubedo-Ribeira) 👉 Seguídeos nas súas redes (Instagram e Facebook) para as vindeiras datas, e tedes os seus vídeos en Youtube! . 🙌 Parabéns polo premio! . @musicasaovivomav #Premios #PremiosDaMúsica24 #MúsicaGalega
84 4
1 month ago